BasqueCatalàEspañolGalegoPortuguês

Asociación

A equipa de Joomla!Spanish consiste nun grupo de desenrolo de voluntarios, así como deseñadores, administradores, xestores e participantes que, sendo dedicados membros da comunidade que levaron a Joomla!Spanish a estar no Top Diez dos proxectos relacionados con Joomla! máis descargados.

A asociación nace con intención de dar cobertura á infraestructura na que participa unha comunidade crecente de máis de 23.000 membros rexistrados, con máis de 4.000 visitas diarias de todo o mundo.

A Asociación Joomla! Spanish é unha organización sen fins de lucro formada co fin de dar apoio legal e financeiro á comunidade Joomla!Spanish. Así como para divulgar o proxecto para que máis persoas poidan publicar contido e colaborar no seu idioma preferido.

A asociación con sede en Barcelona créase para garantir que o proxecto Joomla!Spanish siga sendo libre, traducido e dea soporte nos idiomas dos países Iberoamericanos.

 

Misión

A nosa misión é promover e divulgar a plataforma Joomla! nos países Iberoamericanos. (ver obxectivos da asociación)


Visión

Na nosa visión, vemos:

  • Persoas publicando e colaborando nas súas comunidades no seu idioma preferido
  • Software gratuíto, seguro, de alta calidade
  • Unha comunidade na que é agradable e gratificante participar
  • Un proxecto que é socialmente responsable
  • Un proxecto en linguaxe non sexista nin discriminatorio
  • Un proxecto accesible para todos os colectivos


Valores clave

  • Liberdade
  • Igualdade
  • Comunidade
  • Colaboración