BasqueCatalàEspañolGalegoPortuguês

Coa denominación de Asociación Joomla! Spanish constitúese a asociación, que regulará as súas actividades dacordo coa lei 7/1997, do 18 de xuño, de asociacións (DOGC 2423, do 1 de xullo), a Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación (núm. 73, do 26 de marzo) e os seus estatutos.

Os fins da asociación son:

  • Promoción do Software Libre e en particular do sistema de xestión de contidos Joomla! dando apoio e soporte aos seus usuarios. Apoiando tanto os seus membros como ao resto da sociedade, xa sexan particulares, empresas, centros educativos, organizacións ou a administración pública. <
  • Dotación de infraestructura ás comunidades virtuais e reais (especialmente á comunidade Joomla!Spanish), que de forma activa, constructiva, cooperativa e non mercantilista evolucionan e fan uso de Joomla!.
  • Realización de actividades culturais, formativas, comunicativas, lúdicas e artísticas relativas ao uso de "sistemas de xestión de contidos" como Joomla! e outro software relacionado.
  • Colaboración coas asociacións que comparten os fins en relación ao sofware libre e participación noutras iniciativas se así o decidise a asemblea.
  • Fomento de creación e traducción do software, a documentación e as noticias sobre o programa Joomla! e outro software relacionado.
  • Fomento do uso e a presenza do castelán e o catalán-valenciano e doutras linguas oficiais dos países aos que pertencen os membros da asociación, como o galego, o vasco ou o portugués.
  • Investigación e desenvolvemento do software: na seguridade, a creación de novas funcionalidades, a accesibilidade, e a adaptación a colectivos mais desfavorecidos como as persoas con minusvalidez, así como outras aplicacións.
  • Fomento do uso da linguaxe non sexista ou discriminatorio no software, o soporte e outra documentación relacionada.

Queda excluído todo ánimo de lucro.